Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Cris Pavón

Cris Pavón

1.– Principal trazo do seu carácter?
– O optimismo e, xa que logo, certa tendencia ao imaxinario.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Sentido do humor e da ética.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que me leven a sitios estupendos.
4.– A súa principal eiva?
– Dende logo o perfeccionismo non é.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler, pasmar. Hai tempo, viaxar, pero xa menos.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Dispor do tempo ao meu gusto.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Que exista a máquina do tempo e acabar nalgún intre que me faga rabiar por volver a este.
8.– Que lle gustaría ser?
– Se fose sen dor, inspectora de Facenda. Ou conselleira ou ministra, xa posta, que hai moita reforma fiscal que facer.
9.– En que país desexaría vivir?
– Neste, e vivir unha verdadeira mudanza social e política.
10.– A súa cor favorita?
– Vermello e gris.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A do viño tinto.
12.– O paxaro que prefire?
– O ave Roc.
13.– A súa devoción na prosa?
– Moitas e moitos, nunca son demasiadxs. Calvino, Munro, Barthes, Beauvoir, Jelinek, Yourcenar, Perec, Dostoiewsky, Faulkner, Ferrín, Torrente Ballester, Capek, Proust, Delillo … ben, igual aquí xa son demasiados.
14.– E na poesía?
– De Wislawa Szymborska a Lupe Gómez, da antipoesía de Nicanor Parra á poesía visual de Joan Brossa.
15.–  Un libro?
– Un cento, un milleiro deles, unha biblioteca.
16.– Un heroe de ficción?
– Randolph Carter.
17.– Unha heroína?
– Mononoke.
18.– A súa música favorita?
– Estes días, o afrobeat.
19.– Na pintura?
– Duchamp, Antonio López, Maruja Mallo…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Calquera Anonymous.
21.– O seu nome favorito?
– Non teño.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Falar coa boca chea.
23.– O que máis odia?
– A prepotencia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Toda unha institución: a igrexa católica.
25.– Un feito militar que admire?
– Mmm… As partidas entre Deep Blue e Kasparov.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Voz para rachar o cristal como Oscar, o tambor de folla de lata. Capacidade para aguantar doce minutos de apnea ou máis.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sentada a beira do mar non estaría mal.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Allegro ma non troppo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os meus, seguramente.
30.– Un lema na súa vida?
– Agora que son maior: Fai deporte!

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 27 Marzo 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: