Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González

Noa Pérez Gónzalez

O ocaso da familia Portela

Barbantesa, Cangas do  Morrazo, 112 páxinas, 14 €

 

Sempre é unha alegría saudar un debut narrativo e, aínda máis, cando este se fai cunha peza moi digna e traballada. Velaquí o caso de Noa Pérez, que retrata a cidade de Vigo con transparencia, tanto nos seus espazos como nos ambientes sociais, articulando unha crónica intensa que revela segredos e retrata intimidades dunha familia adiñeirada, instalada no bando vencedor e nun período que vai desde a guerra civil ata os anos setenta. Son tanxibles nestas páxinas os grillóns que anoan a adolescencia, a lousa dunha educación abafante e represora e mais o peso do patriarcado contra o que se reacciona á busca doutros horizontes.

 

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas“, de La Voz de Galicia, o 27 de marzo de 2015, baixo o título de “Sólida estrea literaria”.

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: