Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson

Sherwood Anderson

O triunfo do ovo (tradución de Carlos Valdés e Celia Recarey)

Irmás Cartoné, Compostela,  232 páxinas, 12,5 €

 

O selo Irmás Cartoné trae ao galego «O triunfo do ovo», un monllo de relatos de Sherwood Anderson sobre a vida cotiá no que latexan ironía, subversión e desacougo.

        Virginia Woolf subliñou que Sherwood Anderson fora quen de crear un mundo propio e Faulkner recoñeceuno como o seu pai literario: non é pouca cousa. Ninguén dubida que este narrador abrazou a vida e a escrita con paixón,  entendendo ambas as dúas como grandes aventuras. Unha mostra do seu traballo chega á nosa lingua a través do selo Irmás Cartoné, que agasalla de cando en vez verdadeiras e coidadas alfaias. Este é un exemplo, pois posibilita agarimar un monllo de historias nas que, baixo unha aparente sinxeleza adornada co nimbo do cotián, latexan pousos irónicos e desacougantes, por veces subversivos e sempre inconformistas.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, o 3 de abril de 2015, baixo o título de “O `pai´de Faulkner“.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: