De mañá día 7 até o 14 de abril Implicadas no desenvolvemento, no marco do proxecto REACTIV_ARTE, iniciativa que entende a cultura e a arte como ferramentas poderosas do cambio social, responsabilízase das actividades que, nunha apertada axenda, a poeta e activista támil Thamizhachi Thangapandian realizará ao longo do noso país. A autora representa unha asentada voz dentro do sistema literario támil altamente comprometida coa causa da palabra das mulleres; ao tempo, no seu perfil literario, salientan focos de interese como as literaturas poscoloniais (en particular de Sri Lanka e de Australia); literaturas da diáspora (en particular da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución, crítica e as artes escénicas (o teatro támil), tendo publicado doce doce obras en támil e unha en inglés.
Volverei esta mesma semana sobre esta visita e mais sobre a autora mais hoxe deixo aquí a nota de prensa fornecida por Implicadas. Estou certo que suporá todo un privilexio poder gozar dalgunha das actividades que protagonizará a escritora támil: grazas!
Cando? Do día 7 ao 14 de abril de 2015.
Que? A visita a Galicia de T. Sumathy, coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian. Ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia é unha das actividades que realizamos dende a ONGD no marco do proxecto REACTIV_ARTE. Podedes atopar máis información sobre a autora tanto na súa web, como na páxina web de Implicadas.
Onde? A poeta e activista támil ten programadas actividades en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
Máis información: Tanto na web como no Facebook e o Twitter de Implicadas, onde se irán publicando as novidades e información sobre o día a día da visita.
1 Comment
Os comentarios están pechados.