“Guernica”, de Alain Resnais e Robert Hessens

Descubrín, hai poucos días, a existencia desta curtametraxe da que responsabilizaron Alain Resnais e Robert Hessens  en 1950. Filmado en branco e negro combina imaxes do célebre cadro de Picasso e outras fontes artísticas, co recitado do poema “A vitoria de Guernica“, de Paul Éluard, que interpreta a gran María Casares e Jacques Pruvost.  Todo un documento visual, ao meu ver, que goza tamén de innegables posibilidades de aplicación didáctica (e non é menor a do exercicio comparado co poema “Soldado” de Celso Emilio Ferreiro, por certo).