Suso de Toro no ciclo “Cara a onde?”: “Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado”

Este vindeiro sábado, día 11 de abril ás doce da mañá,  no Centro Galego de Arte Contemporánea, celebrarase a segunda das actividades proxectadas no Ciclo “Cara a onde? Observando a transformación cultural e social desde a literatura“, tras a visita de Bernardo Atxaga,  e que contará coa participación de Suso de Toro coa conferencia “Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado“. Será un pracer estar alí e dialogar sobre este asunto.