Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión

Margarita Ledo Andión

A cicatriz branca

Galaxia, Vigo, 48 páxinas, libro + película, 20 €

 

Galaxia publica “A cicatriz branca”, o filme sobre os exilios realizado por Margarita Ledo desde unha perspectiva de xénero, acompañado de textos da propia autora, de profesionais do cine, músicos e ensaístas.

Estrea colección a editorial Galaxia baixo o título de Libro cinema e faino cun requintado volume de acabada factura que acompaña á película A cicatriz branca: unha ficción con orixe documental que afonda con emoción nos exilios e desterros, colectivos e individuais, desde unha ollada de xénero. Incorpóranse textos que van desde o subscrito por Margarita Ledo -clave para asomarse á estética cinematográfica pola que transita co desexo confesado de «filmar o século»- ata outros que veñen da man de actores, actrices, montadores, músicos e ensaístas. Imprescindible.

Baixo o título “Sobre o cinema con apertas” o suplemento “Fugas” acolleu esta recensión, o 10 de abril de 2015,  que se pode ler integramente premendo aquí.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: