Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Mesa redonda en Pontevedra: “A crítica literaria hoxe en Galicia”

Este vindeiro martes 14 de abril, e no seo das actividades abertas ao público que se desenvolverán na cidade de Pontevedra por mor da reunión do xurado dos  Premios da Crítica, organizados pola “Asociación Española de Críticos Literarios”, que neste ano se celebrarán en Pontevedra do 16 ao 18 de abril, terá lugar unha mesa redonda coordinada por Olivia Rodríguez González, vogal da crítica galega na AECL, baixo o título de “Diálogo sobre a crítica literaria hoxe en Galicia”.

Neste acto, que se celebrará na Casa das Campás pontevedresa, ás 19:30 horas, participarán, alén de Olivia Rodríguez, Isabel Mociño -secretaria da Asociación Galega da Crítica-, María Xesús Nogueira -presidenta da Asociación Galega da Crítica- e quen isto escribe. Será un pracer dialogar e debater sobre a nosa crítica nesta actividade, insisto, aberta a todas as persoas interesadas.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: