Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: María Xosé Lamas

María Xosé Lamas

 1.– Principal trazo do seu carácter?
– Decidida.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A sinceridade e a tolerancia.
3.– Que agarda das súas amizades?
-A correspondencia no afecto.
4.– A súa principal eiva?
– A saúde, que me impide facer moitas actividades que desexo.
5.– A súa ocupación favorita?
– Escribir, facer teatro (en todos os seus aspectos), cociñar…
6.– O seu ideal de felicidade?
– Sentir que a miña xente ( fillos, compañeiro, país…) é feliz na vida.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A perda dos meus fillos.
8.– Que lle gustaría ser?
– O que son…
9.– En que país desexaría vivir?
– Realistamente, en Galiza; fantasticamente –e por veces- nunha illa do Índico, por exemplo.
10.– A súa cor favorita?
-O vermello.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Esa rosa vermella coa que me agasalla cada 23 o meu amor.
12.– O paxaro que prefire?
– O paporroibo.
13.– A súa devoción na prosa?
– José Saramago
14.– E na poesía?
– Sophia de Mello Breyner Andersen, Rosalía, Martiño Maseda, Miguel Hernández, Miguel Torga….
15.– Un libro?
– A Caverna, de Saramago.
16.– Un heroe de ficción?
– Ningún.
17.– Unha heroína?
– Todas.
18.– A súa música favorita?
– A ópera e a música culta de todas as épocas, o rock e todas as súas derivas.
19.– Na pintura?
– Giuseppe Arcimboldo, Goya, Barceló, Antonio López….
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Gandhi, Luther King. Todas as mulleres do mundo.
21.– O seu nome favorito?
-Sophia.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A excesiva vehemencia.
23.– O que máis odia?
– A mentira e a hipocrisía.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Calquera ditador que houbera ao longo da historia da humanidade.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Un timbre de voz fermoso.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Só desexaría morrer de repente, sen causar peso a ninguén.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Loitadora, máis condescendente, tolerante… Iso din!
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A rebeldía con causa.
30.– Un lema na súa vida?
– Vivir en presente.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 14 Abril 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: