O padre Seixas desde dentro
SEPT, Vigo, 229 páxinas, 15 €
Cúmprese este ano o centenario do nacemento do Padre Seixas e unha excelente maneira de lembralo, ou descubrilo, é ler este libro feito con rigor e coidado que Manuel Cabada subtitula con acerto “unha aposta progresista, galeguista e universalista” pois aí se cifra boa parte do que foi a súa presenza entre nós, do que foi o seu legado. O libro, indubidablemente, faille xustiza ao biografado, creba mesmo algúns tópicos estendidos e pon en valor todas as dimensións dunha persoa que, se alguén tivo a fortuna de tratalo como é o meu caso, resulta imposible de esquecer.
Publicado baixo o título de “Precisa biografía do Padre Seixas” no suplemento Fugas de La Voz de Galicia o 17 de abril de 2015.