Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A adhesión nos principios nos que creo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Iso que se chama a honradez.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que sexan amigos.
4.– A súa principal eiva?
– En certos momentos a falta de criterio preciso.
5.– A súa ocupación favorita?
– Pensar nas miñas relacións femininas.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Ser feliz.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Pensar que me poidan torturar.
8.– Que lle gustaría ser?
–  O que son.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galicia.
10.– A súa cor favorita?
– O vermello.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A das mimosas.
12.– O paxaro que prefire?
– O merlo, que ademais deu lugar ao saúdo “Saudiña e cante o merlo!”
13.– A súa devoción na prosa?
– Ortega.
14.– E na poesía?
– Antonio Machado.
15.– Un libro?
– O Quixote.
16.– Un heroe de ficción?

17.– Unha heroína?

18.– A súa música favorita?
– A internacional.
19.– Na pintura?
– Goya.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
David Álvarez Carballido (S. Martín de Suarna, A Fonsagrada).
21.– O seu nome favorito?
– Sacaúntos.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Quen empregan o escarvadentes despois de comer.
23.– O que máis odia?
– Os que matan e perseguen no nome de Deus.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hitler, supoño.
25.– Un feito militar que admire?
– A defensa de Madrid no 36.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Falar ben.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– De repente.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– As preocupacións.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

30.– Un lema na súa vida?
– Hai que facer todo aquilo que contribúa ao inicio da revolución.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 19 Abril 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: