Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, de Ana Acuña e Olivia Rodríguez (eds.)

Ana Acuña e Olivia Rodríguez (éds.)

Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (fotografías Noel Queipo)

Galaxia – Concello de Pontevedra, Vigo, 2015, 142 páxinas.

 

 

A concesión dos Premios da Crítica a fin de semana pasada en Pontevedra, presididos con eficiencia por Ángel Basanta, cabeza visible da “Asociación Española de Críticos Literarios”, xerou este auténtico galano en forma de libro no que dezanove voces de xeracións ben diversas homenaxean con brillantez á cidade do Lérez con textos poéticos, narrativos e outros de índole ensaística. O patrimonio que constitúe a nosa palabra mira agora cara a esta cidade de maneira que George Borrow, que pisou as súas rúas en 1837 cos ollos ben regalados a vender biblias, ficaría máis que satisfeito con este florilexio e co seu título. Eu tamén.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 24 de abril de 2015, baixo o título de “Pontevedra literaria”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: