Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 74 páxinas, 6 €
Avanza con paso firme o Premio Lueiro Rey de poesía, convocado anualmente polo concello de Fornelos de Montes, sendo Luís Valle quen o acada na súa terceira edición cunha proposta poética onde salienta o diálogo que establece con outras voces da tradición poética galega e universal e mais o criterio de estilización que aplica aos seus poemas. Ostentando un rico mundo simbólico, intensamente traballado, recorre con frecuencia ás imaxes visionarias para transitar por un camiño onde o amor a morte se entrecruzan, onde o transcorrer do tempo e o sentimento de orfandade se dan a man cun feliz e suxestivo resultado.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 1 de maio de 2015, baixo o título de “Diálogo e simbolismo”.