Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Moncho Iglesias

Moncho Iglesias 

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Paciencia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A honestidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que entendan porque río e porque choro.
4.– A súa principal eiva?
-A impuntualidade.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler tombado ao sol na praia.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Estar preto da xente que quero, non lonxe dunha praia de auga quente, fumando narguila, lendo un libro e cheirando a café.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A perda dun ser querido.
8.– Que lle gustaría ser?
-Abandeirado nas Olimpíadas.
9.– En que país desexaría vivir?
-Alí onde estea a xente que quero e que me quere.
10.– A súa cor favorita?
-Amarela.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A chorima.
12.– O paxaro que prefire?
-O periquito.
13.– A súa devoción na prosa?
-Carlos Fuentes.
14.– E na poesía?
-Nicanor Parra.
15.– Un libro?
-A Biblia.
16.– Un heroe de ficción?
-Raskolnikov.
17.– Unha heroína?
-Lilith.
18.– A súa música favorita?
-O merengue.
19.– Na pintura?
-Frida Kahlo.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-A miña avoa.
21.– O seu nome favorito?
-Breixo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-Calquera que empece por auto (autofotografarse…).
23.– O que máis odia?
-A hipocrisía.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
-A revolución dos caraveis.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Cantar.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sen dor e onda a xente que quero, para poder despedírmonos.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Alegre.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-Podemos (léase: «a desalambrar»).

Advertisements

2 comentarios en “Cuestionario Proust: Moncho Iglesias

  1. óptimo ! saudos anti-poeticos amigo……… Mom-chim-ho ( monchinho em chinés)

    saude e forte abraço

    asddo augusto fontám

  2. getuliogregori
    4 Maio 2015

    Reblogged this on Fonte da arte.

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 4 Maio 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: