Premio AELG 2015

As compañeiras e compañeiros da AELG decidiron galardoar, na Gala das Letras anual que este ano se celebrou no Círculo das Artes de Lugo, este blog. Eu só podo dar as grazas unha vez máis polo voso apoio e seguimento pois, sen dúbida, cousas así sempre estimulan a continuar. A miña gratitude tamén a todas as persoas que, desde onte e por diversos medios, me fixeron chegar os seus parabéns, algo que particularmente estendo á totalidade de finalistas das diversas modalidades deste premio.

1 Comment

Os comentarios están pechados.