Manuscrito: Gonzalo Hermo

O gañador do Premio da Crítica 2015 na modalidade de poesía, Gonzalo Hermo, achega a este blog unha mostra manuscrita do seu traballo poético. Trátase dun poema que ía formar parte de Celebración pero que non deu rematado: “versos soltos, fragmentos que non acaban de ensamblar” que non constitúen unha composición completa pero suxiren algún dos camiños creativos e compositivos do autor. A miña gratitude por esta achega.