1.– Principal trazo do seu carácter?
-A tenacidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O silencio.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que paguen un cacharro.
4.– A súa principal eiva?
-A torpeza.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ver o ciclismo desde a cuneta.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Posuír o esencial.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A cegueira.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son.
9.– En que país desexaría vivir?
-Neste mesmo.
10.– A súa cor favorita?
-O verde.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A da xesta.
12.– O paxaro que prefire?
-O merlo.
13.– A súa devoción na prosa?
-Anton Chejov.
14.– E na poesía?
-Alejandra Pizarnik.
15.– Un libro?
-Calquera que resista a relectura.
16.– Un heroe de ficción?
-Nanook.
17.– Unha heroína?
-A rapaza da fábrica de mistos.
18.– A súa música favorita?
-Hoxe, Patsy Cline.
19.– Na pintura?
-Andrei Rublev.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Ezequiel Mosquera.
21.– O seu nome favorito?
-Omar.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A enxeñaría social.
23.– O que máis odia?
-O odio non entra nos meus intereses.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Edison.
25.– Un feito militar que admire?
-A toma de Perejil.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O de voar.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-De ningunha en especial.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Din que o acougo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Todos os da xente á que quero.
30.– Un lema na súa vida?
-Imos indo, imos vendo.