Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Carme Riera no ciclo “Cara a onde?”

Este vindeiro sábado no Centro Galego de Arte Contemporánea, ás 12 horas, celebrarase o terceiro encontro dentro dos planificados no ciclo Cara a onde? Nesta ocasión Carme Riera, unha das voces máis relevantes da literatura catalá contemporánea, ditará unha conferencia baixo o título “A literatura morreu, viva o fútbol” que, talvez, discorra por estas reflexións que se acompañan no programa oficial: “Na medida en que a literatura deixa de ser un feito ligado á cuestión nacional, deixa de considerarse tamén consubstancial á vida do pobo e perde interese. Hoxe consubstanciais á vida dos pobos son os seus equipos de fútbol, aínda que os seus integrantes sexan de orixes diversas, afastadas e foráneas”.

    Haberá, sen dúbida, ocasión para o diálogo e para o debate como nas ocasións anteriores.

Advertisements

Un comentario en “Carme Riera no ciclo “Cara a onde?”

  1. getuliogregori
    22 Maio 2015

    Reblogged this on Fonte da arte.

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 21 Maio 2015 por en Ciclo de conferencias,Divulgación,Literatura , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: