Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, Antonio Reigosa (editor)

Antonio Reigosa (editor)

Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías (ilustracións de Noemí López)

Xerais, Vigo, 2014, 240 páxinas, 12,50 €

 

Hai algúns anos naceu un proxecto na rede creado por Antonio Reigosa que, baixo o epígrafe  “Galicia Encantada”, acolleu e acolle centos de mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos como as chamadas “lendas urbanas”, demostrando pola súa aceptación que a narrativa popular de tradición oral supón un tesouro que cómpre recoñecer e coñecer pois constitúe un imaxinario que é parte, quéirase ou non, do noso propio adn. Aquela enciclopedia virtual preséntase agora en forma de libro que recolle unha atinada e ordenada antoloxía destes documentos, prologados con excelencia polo editor e mais por Xabier P. DoCampo.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas“, de La Voz de Galicia, o 15 de maio de 2015, baixo o título de “O tesouro da tradición oral”.  Pódese ler tamén premendo aquí.