Ernesto Guerra da Cal, do exílio a galego universal
Através Editora, Compostela, 2015, 400 páxinas, 20 €
Non é a vez primeira que Joel R. Gômez se asoma á biografía e á obra de Guerra da Cal aínda que talvez sexa neste volume, prologado por Elias J. Torres, onde aplica unha perspectiva máis divulgadora e totalizadora. Abórdanse aquí os perfís de Guerra da Cal como exiliado, divulgador e creador literario, especialista mundial en Eça de Queiroz, defensor da lusofonía ou figura clave na redacción do Seis poemas galegos de Lorca, mais ao tempo acrecéntase outra información novidosa que axuda a resitualo, con rigor documental, no contexto da nosa historia literaria e cultural máis recente.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 22 de maio de 2015, baixo o título de “Reivindicación de Guerra da Cal”.
Reblogged this on Fonte da arte.