Cadros dunha exposición, de José Antonio Abad Varela

José Antonio Abad Varela

Cadros dunha ilustración (ilustracións de Xosé Cobas)

Kalandraka, Pontevedra, 2015, 48 páxinas + CD, 23 €

 

Incorpórase á colección de “Música clásica” da pontevedresa Kalandraka outra pequena alfaia que nos permite adentrarnos, nesta ocasión, nos espazos do Museo de San Petersburgo para contemplar as pinturas do artista Viktor Hartmann. Ao tempo convídase a escoitar a obra que Modest Mussorgsky compuxo en memoria do seu amigo, interpretada pola Filharmónica de Nova York baixo a dirección de Giuseppe Sinopoli. Un resultado fantástico onde, a carón do traballo suxestivo e aquilatado de Abad, brilla unha inesquecible lectura visual a cargo de Xosé Cobas.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas o 30 de maio de 2015 baixo o título de “Música e pintura, man a man”.