Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Raúl Gómez Pato

Raúl Gómez Pato

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A tranquilidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O sentido do humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Un café con risos.
4.– A súa principal eiva?
– A preguiza.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler e ver cine. Ouh.., esquecíame, ler e ver cine despois de gozar dun intre de bo sexo.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Non o sei, ando na busca del. Pero quizá poidese ser vivir o suficiente para poder disfrutar de toda a arte que o ser humano ten producido e ter alguén con quen compartilo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Estar permanentemente canso.
8.– Que lle gustaría ser?
– Reloxeiro.
9.– En que país desexaría vivir?
– Por deus, Galiza.
10.– A súa cor favorita?
– Azul turquesa.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Narciso.
12.– O paxaro que prefire?
– Merlo.
13.– A súa devoción na prosa?
– Cervantes e Cunqueiro.
14.– E na poesía?
– Virxilio e Ronseltz.
 15. Un libro?
A Eneida.
16.– Un heroe de ficción?
– Quizás Sherlock Holmes.
17.– Unha heroína?
– Antígona.
18.– A súa música favorita?
– Toda sen exclusión.
19.– Na pintura?
– Turner, pero cen mil pintores máis, polo menos.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Rosalía de Castro e Rosa Parks.
21.– O seu nome favorito?
– Aroa e Loaira.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A pedantería.
23.– O que máis odia?
– Nada.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A Manuel Fraga, moito, pero moito moito. A algúns outros, tamén.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún. Pero claro, literariamente, A guerra de Troia.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O don da palabra.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Non querería, pero postos a escoller…; definitivamente, non querería.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Irónico.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A impuntualidade.
30.– Un lema na súa vida?
– O día peor empregado da miña vida é aquel no que non rin.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 4 Xuño 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: