Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

No tempo de Follas novas, María Pilar García Negro (ed.)

Pilar García Negro (ed).

No tempo de Follas novas

Alvarellos, Compostela, 282 páxinas, 18,50 €

 

Interesante e orixinal iniciativa a que ideou Pilar García Negro ao convocar un extenso grupo de ensaístas para falar de literatura universal contemporánea á publicación de Follas novas, hai agora 135 anos. Rosalía, así, exerce de referente para coñecer con solvencia e rigor o que dixeron e escribiron a Marchesa Colombi, Arthur Raimbaud, Ibsen, Eça de Queirós, George Eliot, Emily Dickinson, Tolstoi ou Curros Enríquez… O libro, iniciado cunha exemplar escolma-comentario de Follas novas a cargo da editora, patentiza como moitos trazos ideolóxicos e estéticos que expresaron as voces amentadas atesouran vasos comunicantes con Rosalía e viceversa.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, o 5 de xuño de 2015, baixo o título de “Caleidoscopio literario”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: