Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Os Premios Xerais 2015

Foi un pracer asistir onte á entrega dos Premios Xerais 2015: unha cita anual, ineludible, cun dos eventos máis relevantes da literatura galega desde hai máis de trinta anos  que, en boa medida, resulta un sinalador das mudanzas e da evolución que goza o noso sistema literario, alén de converter a illa de San Simón nun espazo afectuoso propicio para tantos reeencontros.

    Nesta ocasión os diferentes xurados galardoaron tres voces loxicamente diversas mais que comparten, obxectivamente, o trazo de constituíren unha inequívoca renovación xeracional o que, de seu, resulta  relevante como igualmente significativo é, ao meu ver, o feito de teren acadado dous dos tres galardóns dúas escritoras.

     Á falta de coñecer as súas propostas literarias hoxe cómpre estenderlle os parabéns a Héctor Cajaraville gañador con De remate do Xerais de Novela; a Érica Esmorís que con Nena e o mar conseguiu o Merlín e mais a Andrea Maceiras que,  con Europa Expréss, acadou o Jules Verne de literatura xuvenil.  Parabéns, igualmente, a Vázquez Freire, mantedor do acto e que defendeu e reivindicou con convicción a importancia da literatura infantil e xuvenil. Non esquezo felicitar a Celia Torres, Manuel Bragado e a todo o equipo de Xerais pola impecable organización. Grazas!

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: