Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Charla con Aniruddhan Vasudevan (Vigo)

Tras diversas actividades levadas a cabo con éxito co destacado bailarín, escritor, tradutor e activista Aniruddhan Vasudevan, que visita Galicia desde a semana pasada, Implicadas no Desenvolvemento  e a AGPTI organizan un encontro informal con Aniruddhan Vasudevan  no que se falará de danza, libros, linguas, arte, dereitos humanos e outros asuntos.
Aniruddhan posúe unha longa traxectoria como tradutor e, entre outros traballos, traduciu a novela de Perumal Murugal One-Part Woman, suxeita a un proceso de persecución (tanto a novela como Murugan) polos fundamentalistas hindús, como se pode coñecer nesta ligazón.

     O acto desenvolverase hoxe 10 de xuño, ás 19.00 horas, na cafetería “El Gabinete del Dr. Cadaval”, na rúa Doutor Cadaval, 27, baixo, Vigo.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: