Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Xabier Paz

Xabier Paz

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Non sei.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A honestidade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– O perdón.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Pasmar e ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Ver rir a xente que quero.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A morte dos seres queridos.
8.– Que lle gustaría ser?
– Amante.
9.– En que país desexaría vivir?
– No que vivo.
10.– A súa cor favorita?
– Amarelo xesta.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A xesta.
12.– O paxaro que prefire?
– A lavandeira.
13.– A súa devoción na prosa?
– Ánxel Fole; Valle Inclán; Rafael Chirbes; Lezama Lima…
14.– E na poesía?
– Mendez Ferrín, Vítor Vaqueiro; Francisco Quevedo, César Vallejo…
15.– Un libro?
– Tantos: Con Pólvora e magnolias; A morte de Virxilio; Poemas humanos…
16.– Un heroe de ficción?
– O indio Zacarías de Tirano Banderas.
17.– Unha heroína?
– A nai de Gorki.
18.– A súa música favorita?
– Tantas como estados de ánimo: Led Zeppelin, Bach; Zeca Afonso…
19.– Na pintura?
– Por escoller: Tiziano, Goya, Miquel Barceló, Menchu Lamas.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Un pai sen estudos con familia numerosa.
21.– O seu nome favorito?
– Carme.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A ruindade.
23.– O que máis odia?
– A violencia, o abuso do poderoso.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Tantas, por próxima Francisco Franco.
25.– Un feito militar que admire?
– Non sei admiro pero digo a batalla de Dien Bien Phu.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O da música.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Durmindo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Farto.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os excesos relativos ao corpo.
30.– Un lema na súa vida?
– Non fales mal de ninguén, amece.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 10 Xuño 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: