Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014), Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema

Xosé Mª Rei Lema e Xosé Mª Lema

50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014)

Edición de autor, 608 páxinas, 20 €

 

Hai libros que, ás veces sen pretendelo, cumpren funcións relevantes pois permiten acceder con rigor a capítulos particulares do pasado local converténdose, asemade, en valiosas ferramentas de normalización. Velaquí o caso deste volume co que se percorre polo miúdo a prehistoria do fútbol na Costa –con especial atención ao devalar do C.D. Baio- ata internarnos nas cincuenta temporadas da denominada “Liga da Costa”, unha das máis célebres do fútbol modesto galego, cunha salientable profusión de datos polo que non dubido en entender esta achega como unha verdadeira enciclopedia sobre ese “outro fútbol” que tamén existe.

Baixo o título de “O outro fútbol” este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 12 de xuño de 2015.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: