Cuestionario Proust: Francisco Álvarez “Koki”

Foto  de Aguinaldo  Fructuoso... Koki

Francisco Álvarez “Koki”

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Insistente soñador.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A humildade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que me dean o mesmo que eu lles dou.
4.– A súa principal eiva?
-A confianza.
5.– A súa ocupación favorita?
-Escribir e ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
-E difícil contestar, xa que a felicidade é un estado temporal.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Non penso niso.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un pallaso.
9.– En que país desexaría vivir?
-Non teño un país favorito, onde vivo disfruto.
10.– A súa cor favorita?
-Vermello.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A rosa.
12.– O paxaro que prefire?
-O merlo.
13.– A súa devoción na prosa?
-É difícil contestar, xa que dende Álvaro Cunqueiro pasando por Ferrίn ate Ramón Caride temos onde disfrutar.
14.– E na poesía?
-Pasa o memo, xa que dende Rosalίa até Xela Arias temos moi bos poetas.
15.– Un libro?
As aventuras de Said e Sheila.
16.– Un heroe de ficción?
-Os Bolechas.
17.– Unha heroína?
-Puiidera ser esa que tes na mente idealizada que nunca coñeciches.
18.– A súa música favorita?
-As bandas de música das nosas vilas.
19.– Na pintura?
-Toda a pintura realista.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os nosos vellos que nos ensinaron tanto, especialmente as mulleres.
21.– O seu nome favorito?
-Lola, o da miña muller, e Breogán, o do meu fillo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A mesquindade, a envexa.
23.– O que máis odia?
-Non sei o que é iso.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Os Reis Católicos.
25.– Un feito militar que admire?
-Non admiro ningún feito militar.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O da maxia, para facer feliz a moita xente.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-A verdade e que nunca penso na morte.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Sempre estou contento.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Somos humanos polo tanto tempo e paciencia.
30.– Un lema na súa vida?
-Ser útil.