oso, mamá, si?, de María Lado

María Lado

oso, mamá, si?

Xerais, Vigo, 2015, 56 páxinas, 12,50 €

 

 

María Lado é quen de erixir en dezaseis poemas un universo que vai, probablemente, máis alá dunha reflexión sobre a maternidade pois, se ben parte desa experiencia, fura sempre nos estereotipos. Nestas páxinas agroman ou crúzanse, alén de reflexións sobre o cotián, arredor da infancia ou verbo da propia paisaxe vital fisterrá da autora, elementos e factores diversos da vida que, por fortuna, nunca se idealizan e onde a violencia tamén está descarnadamente presente. Velaquí un diálogo no que paira unha imaxinística intensa e chea de forza, operativa para ver a vida que pasa e que nunca se detén.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 19 de xuño de 2015, baixo o título de “A vida que pasa”.