Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Xabier Quiroga

Xabier Quiroga

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Ter claro o que non quero.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-Sinceridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que estean aí.
4.– A súa principal eiva?
-Individualismo.
5.– A súa ocupación favorita?
-Matinar.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Estar sempre ocupado en algo que semelle interesante.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Perder a cabeza.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son, con retoques.
9.– En que país desexaría vivir?
-No que vivo.
10.– A súa cor favorita?
-Hoxe, o verde. Mañá quen sabe.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A chorima.
12.– O paxaro que prefire?
-A curuxa.
13.– A súa devoción na prosa?
-O Vargas Llosa de hai décadas.
14.– E na poesía?
-Celso Emilio.
15. – Un libro?
El cuento o la vida.
16.– Un heroe de ficción?
-Asterix.
17.– Unha heroína?
-Pepa a Loba.
18.– A súa música favorita?
– Pink Floyd e Fuxan os Ventos
19.– Na pintura?
-Ecléctico.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-As nais que cada día sacan adiante a xornada familiar.
21.– O seu nome favorito?
-Non teño.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-Prepotencia.
23.– O que máis odia?
-Non son rancoroso.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Calquera político que ao chegar ao poder deixa de sentirse pobo.
25.– Un feito militar que admire?
-A guerrilla galega a partir do 36.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Elocuencia.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sen fragor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Disposto a sentir.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A torpeza.
30.– Un lema na súa vida?
-“Que nada humano me sexa alleo”.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 23 Xuño 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: