Meu amor, eu morro, de Kristín Ómarsdóttir

Kristín Ómarsdóttir

Meu amor, eu morro (tradución de Elías Portela)

Rinoceronte, Cangas do Morrazo, 282 páxinas, 18,50 €

 

 

Ómarsdóttir (Reykjavík, 1962) é unha poeta e narradora que se verte con fortuna á lingua galega mercé ao inspirado traballo do poeta Elías Portela ou Elías Knörr, como se prefira. Meu amor, eu morro é unha das novelas máis representativas do chamado “realismo máxico islandés” e inédita ata agora en calquera das linguas peninsulares. Parte dun encontro familiar tras o pasamento da derradeira das mulleres da familia e articúlase, nalgún sentido, como un particular Divino sainete á islandesa, con enxeño a mancheas e un humor non moi distante do que estamos afeitos a coñecer.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 26 de xuño de 2015 baixo o título de “Arrecendo carnavalesco islandés”.