Presentación de ‘A identidade fascinada’ de Antonio Piñeiro en Vigo

O vindeiro luns, ás 20:30 horas,  acompañarei na Feira do Libro de Vigo, xunto co director de edicións de Galaxia, Carlos Lema, ao escritor Antonio Piñeiro por mor da presentación do seu libro A identidade fascinada, volume do que me ocupo hoxe nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia. Unha proposta híbrida e suxestiva que encerra múltiples posibilidades para falar de literatura e memoria, para dialogar e debater.