A identidade fascinada
Galaxia, Vigo, 2015, 164 páxinas, 14 €
Antonio Piñeiro levanta acta do universo particular que se xerou coa chegada do estudantado universitario a Compostela ao longo dos anos oitenta: unha viaxe polo que aquilo foi e polo que significou
Destila vagar compositivo e innegable afán de innovación este novo libro de Antonio Piñeiro que ten a ben advertir, nas páxinas limiares, as claves do enfoque que exhíbe acaroándose ás definicións de novela de Pío Baroja -“ese saco remendado onde cabe todo”- e de Cela: “documento, espello ou cámara tomavistas”.
Un hibridismo asumido que se cadra bascula cara á crónica ensaística, cunha enorme documentación polo medio, entreverada coa propia ficción ou, se se quer, coa “non ficción” e que se inxecta por unha estética de sensacións. Vese, si, un rapaz con catiúscas que chega a Compostela nos anos oitenta, algúns amigos e amigas de perfís un tanto esvaecidos e outros milleiros de persoas que constituirán parte dun novo escenario construído polas fotocopias e o vaso tubo, polos espazos do Modus Vivendi e os bares da praza de Mazarelos, do Fuco Lois ao Metate e ao Clangor… Todo resulta operativo para compor un enorme mosaico coas teselas do que viron, do que experimentaron ou, talvez, sospeitaron, deseñándose un percorrido individual e colectivo, globalizador sempre, do que naquela cidade se xerou ao acoller un incremento demográfico inusitado ao longo de sucesivos períodos lectivos universitarios de toda unha década.
É este un libro alleo a saudosismos, dominado tanto por un alento lírico como por unha pulsión xeracional, concibido para abordar o que a vivencia deses anos nese lugar supuxo para a construción identitaria. Unha proposta que dialoga non só con voces que afortalan un discurso do pensamento (Goethe, Bataille, Hume…) ou con aquelas que protagonizaron o día a día daqueles anos ou o deixaron recollido en letra escrita; fala coa memoria rescatada que acode ao reclamo da construción narrativa para desvelar, con ollada propia, o que bulía naquela Compostela nos eidos do hedónico, do lúdico, do literario, do social, da musical, do artístico e das relacións persoais. Anos que foron quen de erguer algo común, isto é, ese recoñecernos en nós e nos demais.
Esta recensión, baixo o título de “Anos oitenta: Compostela punto cero”, publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 3 de xullo de 2015.
Me sinto muito feliz e orgulhosa por ter feito parte dessa população, nos 90. Muita saudade da RU do Colégio Fonseca, com seus jardins e carvalhos, e especialmente da RU Monte da Condesa, onde fiz amigos que conservo até hoje. Muitíssimo obrigada pelo post, Ramón Nicolás.
Reblogged this on MariaLDario's Blog and commented:
Una pandilla inolvidable, Ramón Nicolás.
Facultad de Filosofía y CC de la Educación
Campus Vida (antigo Campus Sur)
Universidade de Santiago de Compostela
Muita saudade da RU do Colégio Fonseca, com seus jardins e carvalhos, e especialmente da RU Monte da Condesa, onde fiz amigos que conservo até hoje.
Una pandilla inolvidable, Ramón Nicolás.
Facultad de Filosofía y CC de la Educación
Campus Vida (antigo Campus Sur. Muitas saudades da RU Colégio Fonseca, com seus jardins e carvalhos, e especialmente da RU Monte da Condesa onde fiz amigos que conservo até hoje. Obrigada pelo post.
Obrigado polo comentario. Fareille saber ao autor as túas reflexións mañá mesmo na presentación do seu libro en Vigo. Unha aperta.
Obrigada!
Ramón Nicolás, gostaria de deixar-lhe um testemunho que dei, em 2010, no meu blogue sobre a minha estada em Compostela. Me encantaria eternizar esta página também em seu blogue, saudando e agradecendo uma vez mais toda a gente da Galiza. Muito obrigada!
https://mariadario.wordpress.com/2010/07/09/25-de-xullo-dia-da-patria-galega/
Un pracer, obrigado pola colaboración que tanto estimo!