Non hai luz sen escuridade
Urco, Compostela, 194 páxinas, 12 €
Para un lectorado xuvenil, pero non só, chega esta primeira novela de Andrea Barreira Freije (A Fonsagrada, 1986) na que se formula un conflito da man dunha sólida, escéptica e rebelde protagonista feminina chamada Lea entre o que agardan seus pais dela e o que será quen de facer. Baixo a estrutura da viaxe iniciática e formativa, con numerosas chiscadelas ao imaxinario mítico galego, resolverase o dilema esencial de que non todo é branco ou negro, isto é, que non todo é luz ou escuridade. Unha máis que prometedora estrea narrativa.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, baixo o título de “Prometedora estrea narrativa”, o 3 de xullo de 2015.