Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Daniel Cortezón

Supoño que nun futuro non moi lonxano cumprirá revisar a achega literaria -nomeadamente narrativa, ensaísta e dramatúrxica- de Daniel Cortezón (1927-2009). A súa traxectoria vital é ben merecente de atención como, sobre todo, o seu perifl creador marcado, como el deixou dito, polo devezo de saber: “Eu son absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.

      Deixo aquí unha mostra dun manuscrito seu pertencente a unha carta que lle enviou, desde o seu Ribadeo natal, a Ramón Piñeiro, o 4 de outubro de 1953 (a miña gratitude á Fundación Penzol pola colaboración).

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 9 Xullo 2015 por en Divulgación,Literatura galega,Manuscrito , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: