Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A máquina de escribir da “Alba de groria” de Castelao

Se alguén me dixese que escollese un texto da literatura galega, de filiación oratoria ou discursiva, non dubidaría en sinalar que o discurso da “Alba de groria” (1948) que se pode ler premendo aquí nunha edición facsímile. Unha composición que deixou sempre en min unha fonda pegada de xeito que, un tanto inconscientemente, se espella estruturalmente nalgún capítulo da biografía de Celso Emilio Ferreiro que escribín hai algún tempo. Por estas razóns o traio aquí e manifesto a miña alegría por unha iniciativa que recuperou a simboloxía deste texto nun acto que se celebrou recentemente.

     Ao fío deste día, que moito me gustaría entender como o dunha precisa e nova “Alba de groria”, deixo aquí unha fotografía que conservo da máquina de escribir de Castelao depositada nun andel inferior dunha sala do Centro Galego de Bos Aires, a carón doutros obxectos que lembran ao escritor rianxeiro. Sempre me gustou pensar que dela saíron as follas do “Alba de groria”: algo máis ca un simple discurso ao que cómpre, sempre, volver.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: