Trona, o merlo, de Luís Valle e Baldo Ramos

Luís Valle

Trona, o merlo (ilustracións de Baldo Ramos)

Barbantesa, Cangas do Morrazo, 2015, 84 páxinas, 12 €

 

Como unha requintada caixa de música aseméllame este libro de Luís Valle que establece un máxico diálogo coas ilustracións de Baldo Ramos. Abrir o libro, se se quer abrir a caixa de música, supón mergullarse nunha ben compasada sinfonía que se alicerza desde as instancias da intensidade e a brevidade poéticas. Lévasenos así por un universo que bebe do mundo da natureza, operativo como é de regra para transmitir e estoupido das revelacións, esa visión instantánea por veces dolorosa e en ocasións exultante, que este gran poemario percorre.

 

 

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 24 de xullo de 2015, baixo o título de “Haikus de noso”.