Doe tanto a túa ausencia (limiar de Verónica Martínez Delgado)
Concello de Outes, Outes, 2015, 68 páxinas.
Galardoado na XVIII edición do premio Francisco Añón de poesía, é este un libro dunha das autoras de máis firme e inequívoca progresión nos últimos tempos. Concibido desde as instancias do diálogo xenérico, harmoniza con fortuna a inspiración poética cunha roupaxe dramática e afonda as súas raíces nunha temática universal como é a morte. O motivo aquel que Vázquez de Neira entendeu igualitariamente como «néboa, sombra, po, vento e fume» muda aquí en canto simbolicamente rico, íntimo, catárquico e transido por unha emoción tanxible. Versos hai, neste libro, para aprender de memoria.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas“, de La Voz de Galicia, o 7 de xullo de 2015 baixo o título de “Versos para encher ausencias”.