Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Luz Pozo Garza

Se non estou errado Luz Pozo Garza é, hoxe por hoxe, a voz decana do noso sistema literario. Dei, no meu arquivo particular, cun orixinal manuscrito seu que me permito reproducir nesta sección xunto cunha carta persoal da autora. Por volta do ano 2000 gocei da fortuna de coordinar a edición literaria do volume, xa esgotado, Manuel Luís Acuña (Xerais, 2000) mentres que Antón Pulido se responsabilizaba da parte plástica. Convidada a participar naquel fermoso proxecto, xunto con outras moitas persoas, Luz Pozo enviou este texto manuscrito que agora se presenta, baixo o título  de “Vida secreta de Rosalía. Na lembranza do poeta Manuel Acuña”. Este poema, finalmente, sería substituído a instancias da propia autora  pola composición “Arrolar un neno…”, inspirado directamente no ciclo de poesía dos nenos de Acuña  e co homenaxeou ao poeta de Trives.  Grazas, Luz, por tanta luz, sempre.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: