Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Coma unha áncora, de Iria Collazo

Iria Collazo

Coma unha áncora

Galaxia, Vigo, 2015, 128 páxinas, 110 €

 

 

Abeirada ás denominadas propostas narrativas de fronteira, esta suxestiva e prometedora estrea de Iria Collazo articula unha novela sólida onde a presenza omnímoda do mar rexe, coas súas propias leis, as vidas dos protagonistas: os que están e os que xa non están. Tamén é o mar quen goberna o tempo e o espazo dun xeito diferente a como o entendemos para que á súa sombra se diten sucedidos, lendarios ou non, alentando á mantenta entre a realidade, a historia e a ficción. Un monllo de personaxes a vivir historias de amor e de resistencias que precisan, sempre, unha áncora que as amarre á esperanza.

 

Este texto saíu publicado nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 14 de agosto de 2015, baixo o título de “Aquén e alén do mar”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: