Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Paula Carballeira

Paula Carballeira

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A perseveranza.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O respecto.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Comprensión.
4.– A súa principal eiva?
-Coido que podo ser racional ou temperamental de máis, depende da lúa.
5.– A súa ocupación favorita?
-Xogar ao teatro.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Tomar algo coas compañeiras e compañeiros despois dunha boa función.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Que me impedisen facer o que quero.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son, pero ir mellorando.
9.– En que país desexaría vivir?
-Neste.
10.– A súa cor favorita?
-Azul e negro.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A rosa encarnada.
12.– O paxaro que prefire?
-A curuxa.
13.– A súa devoción na prosa?
-Mia Couto.
14.– E na poesía?
-Wislawa Szymborska, Jacques Prévert.
15.– Un libro?
Na berma de nenhuma estrada de Mia Couto ou Caderno de apuntes de M. Ende.
16.– Un heroe de ficción?
– Bartleby.
17.– Unha heroína?
– Sherezade.
18.– A súa música favorita?
-Folk, supoño, o que se chama músicas do mundo, e jazz, pero sen grandes coñecementos na materia.
19.– Na pintura?
-Munch.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– As mulleres anónimas que loitan por seguir o seu camiño, no eido que sexa.
21.– O seu nome favorito?
– Xiana.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A xenreira.
23.– O que máis odia?
-A intolerancia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Os ditadores.
25.– Un feito militar que admire?
-A rendición ante os “cravos” o 25 de abril.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Habilidade coas matemáticas.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Nun soño.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– O entusiasmo moderado.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que non lle fan mal a ninguén.
30.– Un lema na súa vida?
-Non desesperes.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 18 Agosto 2015 por en Divulgación,Literatura galega,Teatro , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: