Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O frío azul, de Ramón Caride Ogando

Ramón Caride Ogando

O frío azul

Urco Editora, Santiago, 140 páxinas, 12 €

 

 

Caride Ogando ideou hai tempo unha historia chea de feitizo e engado ao abeiro de espazos simbólicos como Oseira onde fixo converxer, con envexable ritmo, misterios, pescudas inquisitoriais e lendas de diverso carácter. Urco reedítaa oportunamente, engadindo algún material novo e converténdoa, ademais, na primeira novela en galego que incorpora o recurso tecnolóxico da “realidade aumentada” desde a súa cuberta, combinando así a visión da contorna física con elementos dixitais grazas a unha aplicación gratuíta disposta desde un dispositivo móbil. Un paso adiante, e pioneiro, no libro galego que se fai preciso saudar.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 21 de agosto de 2015, baixo o título de “Reedición novidosa”. Deixo abaixo o estupendo booktráiler da novela.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: