Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Un pensamento de Celso Emilio Ferreiro, no seu XXXVI cabodano

Hai trinta e seis anos falecía, na súa casa da Avenida de Castrelos en Vigo, Celso Emilio Ferreiro. Cada día que pasa convénzome do feito de que aínda hai moitas facetas súas ás que cómpre achegarse, moito que pescudar, exhumar e sistematizar e que a relevancia do seu herdo é unha envexable bóla de neve que non cesa de medrar.

    Particularmente esta data sempre a asocio á publicación da miña primeira colaboración en prensa, precisamente sobre unhas prosas esquecidas de Celso Emilio Ferreiro  e que me solicitara o meu amigo Fran Alonso, redactor daquela do Diario 16 de Galicia. Hoxe van, xustamente, vinte e cinco anos daquel primeiro artigo.

     Para rememorar a data permítome traer hoxe un apuntamento, inédito, de Celso Emilio Ferreiro tirado dun caderno seu de apuntamentos persoais e que reproduzo aquí por cortesía da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Seguimos.

Advertisements

2 comentarios en “Un pensamento de Celso Emilio Ferreiro, no seu XXXVI cabodano

  1. Que orguyoso soy de haberlo conocidos Cuando yo era un niño,el era amigo personal de mi Padre y Tio Emilio🇪🇸👍👨

    • Ramón Nicolás
      31 Agosto 2015

      Seino. Luís Ferreiro faloume da familia Prenta e da relación fraternal que os uniu coa familia dos Ferreiro. Un pracer recibir o seu comentario, moitas grazas!

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: