Nova sección: “Adianto editorial”, hoxe “Cheiro de choiva”, de Rodolfo Alonso

Con esta tempada literaria Caderno da crítica bota a andar unha nova sección baixo o título de “Adianto editorial” na que se irán incorporando fragmentos de pezas literarias que se asomarán ás nosas librarías en poucas datas.

    Hoxe comezamos, coa autorización da editorial Barbantesa, con tres poemas titulados “Ceibe ceibes”, “Confabular” e “Hespaña espera”, pertencentes ao libro Cheiro de choiva do poeta, crítico, tradutor e ensaísta arxentino con raíces familiares galegas Rodolfo Alonso; volume prologado por Xosé L. Méndez Ferrín e que sairá á venda a finais da vindeira semana.

 

 

Ceibe ceibes

invítovos

a pasear o amor entre os indiferentes

 

a súa cor sen moral o seu altar en armas

a súa feroz identidade que inauguran os nenos

 

en asemblea preveñen esta cea

eles os esperados

 

 

Confabular

é a chaira o fillo perfecto

os que abrimos a mañá cos dentes

vivindo até aquí enriba

o viño de man en man

o poema de man en man

o sangue de man en man

sí é verdade

habería que dicilo a todo o mundo

 

Hespaña espera

1

estamos caendo

desta terra

 

2

quero dicir

non ten gritos o amor

 

o amor que fai xirar o mundo

tirano da morte

belo e fuxitivo

 

quero dicir

a vida é sempre forte

 

dicir a xuventude quenta

e a esperanza

 

3

véxote fuxir

diante das bestas

pola chaira en chamas

 

escóitote que cantas no suplicio

 

descúbrote nos sotos

a amornar o alento subterráneo

 

4

sostente

golpeando

coa auga madura

que che criaron no peito

 

5

entre a bala e o perdón

diante da graza asasinada

algúns dos teus aínda se tenden

sobor da terra

sobor dun claro xeito

de vivir

 

entre a memoria e o orgullo

calquera dos teus mortos vive

aínda

para seguir crecendo