Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O que precede á caída é branco, de Oriana Méndez

Oriana Méndez

O que precede á caída é branco

Espiral Maior, Culleredo, 54 páxinas, 13  €

 

Galardoado co premio de poesía Concello de Carral, Oriana Méndez fai uso dunha imaxinística de forte impacto estricando a gramática ata o límite. Con isto vehiculiza, desde a concepción das persoas como “corpos para a caza”, unha declarada vontade de aprehender o esencial, de “atravesar a escritura” e interrogar “a liña da vida” aplicando un inequívoco devezo subversivo. Con estas bases constrúe un libro esixente que se asoma criticamente a un tempo presente para cuestionar o poder, a presenza do que simbolizan as tiranías, o que se desmantela impunemente e a propia vida do idioma: “esa saba desafiuzada”.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 28 de agosto de 2015, baixo o título de “O fulgor cristalizado”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: