Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras

Andrea Maceiras

Miña querida Sherezade (ilustracións Antonio Seijas)

Baía, A Coruña, 2014, 136 páxinas, 12,45 €

 

 

É posible conseguir a complicidade lectora para que un exemplar de As mil e unha noites, editado en 1908, converse con Sherezade, Aladino ou Alí Babá?, para que as súas páxinas percorran con axilidade un século de historia preñado de vivencias situadas na opulencia ou na menesterosidade?, para transmitir con transparencia como eran os ollos que o leron?, que sexa quen de incorporar un engaiolante argumento arredor do amor polos libros e pola lectura? Éo, e Andrea Maceiras, con esta novela que conseguiu o Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil, faino con enxeño, brillantez e indubidable excelencia.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 4 de setembro de 2015, baixo o título de “Libro con alma”.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: