Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, Blanca-Ana Roig Rechou (coord.)

VV.AA. (Blanca-Ana Roig Rechou coord.)

Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega

Xerais, Vigo, 504 páxinas, 24,95 €

 

 

Cubrir lagoas é sempre necesario e se se fai con efectividade e exhaustividade o resultado ha ser meritorio. Este é o caso da achega dun equipo coordinado por Blanca-Ana Roig e composto polas investigadoras Eulalia Agrelo, Pilar Bendoiro, Mar Fernández, Carmen Ferreira, Isabel Mociño, Marta Neira e Isabel Soto que dan corpo á primeira monografía de amplo espectro que afonda no estudo da nosa literatura infantil e xuvenil  inspirándose como ferramenta de traballo nas teorías sistémicas que posibilitan non perder de vista, e compendiar, factores autoriais, temáticos ou cronolóxicos. Abórdase así con vontade científica un sector esencial das nosas letras que resulta, polo seu dinamismo, por recoñecementos obtidos e pola súa intensidade alicerce e orgullo do noso sistema literario.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 4 de setembro de 2015.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: