Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Un novo curso moi incerto

Este vindeiro martes comezan as clases en secundaria. O que debería ser un reto esperanzador para as máis das persoas que traballamos no ensino público estase convertendo nun calculado calvario cheo de incertezas días antes da estrea do curso escolar e non é difícil advertir unha degradación continua e programada parella ao que acontece coa Sanidade pública no noso país.

     Na Educación, ese outro esteo da sociedade, comeza a aplicarse unha lei educativa desatinada, clasista e que non porá freo ás elevadas cifras de fracaso escolar; unha lei asumida polas autoridades educativas de noso con natural aquiescencia e onde o relevante para a administración é que o profesorado asuma, a golpe de decreto, un indescifrable e inintelixible discurso teórico que de pouco ou nada servirá no día a día nas nosas aulas pois os problemas son outros, e máis inquietantes, como a carencia de recursos, a masificación nas aulas ou a filosofía que asoma tras comunicados da administración educativa redactados nun ton autoritario e inaudito. Realidades urxentes que cumpriría abordar e analizar apelando ao consenso antes de detectar, por exemplo, o que son os “estándares de aprendizaxe avaliables”. Lamentable.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 13 Setembro 2015 por en Lei Wert,Opinión , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: