Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

O cuarto de invitados, de Helen Garner

Helen Garner

O cuarto de invitados (tradución de  Moisés Barcia)

Rinoceronte, Cangas do Morrazo, 146 páxinas, 16 €

 

 

 

Helen Garner (Australia, 1942) talvez se propuxo crear unha ficción sobre un dos tránsitos máis magoantes cara á morte, isto é, espellar as vivencias dunha doenza terminal. Para iso reviviu, seica, unha experiencia autobiográfica inspirada no acollemento que realizou na súa casa dunha amiga que padecía esta enfermidade. O discurso é directo, por veces irónico, e nel prevalece o sentido de crónica explicitando unha crítica irada aos tratamentos alternativos á cura do cancro, reflexionando sobre os sacrificios que comporta a amizade e arredor dos límites da responsabilidade, alén da constatación do que é, a secas, a dor: se cadra o que a escritora xustamente perseguiu.

Baixo o título de “As portas do adeus”, esta reseña viu a luz nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 11 de setembro de 2015.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 14 Setembro 2015 por en Crítica literaria,Narrativa,Tradución , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: