Centenario de Antón Beiras García

A finais do ano pasado incorporei unha anotación na que me centraba nalgunhas das efemérides literarias e culturais deste ano que andamos. Naquelas liñas omitín, por descoñecemento, o centenario do reputado oftalmólogo, militante antifranquista, ensaísta e galeguista Antón Beiras García. Lembroume a efeméride un correo electrónico que recibín e que adxuntaba unha montaxe cun texto de Antón Beiras titulado “Galiza ten ollos grandes”. Déixoo aquí abaixo.